CULTURA

Subvencións por 35.000 euros para trece asociacións culturais

26/11/2007 Un total de 13 asociacións culturais da cidade recibirán subvencións destinado ao fomento das súas actividades culturais neste ano 2007. O importe total das axudas, aprobadas pola Xunta de Goberno local, ascende a 35.000 euros.

A contía das axudas oscila entre os 3.500 euros e os 1.000. Recibirán 3.500 euros as seguintes entidades: Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro, Asociación de Tempo Libre Xalundes, Asociación Cultural Xurásica, Asociación Folclórica Colexiata do Sar, Asociación Cultural Andaina de Mulleres e Asociación Cultural Gaira.

As outras asociacións perceptoras de axudas son: Asociación Cultural Casino de Santiago (2.000 euros), Asociación Cultural de Pensamento e Filosofía (2.500), Asociación Cultural Camiño Novo (2.200), Asociación Colectivo de Baile Danzón (2.200), Asociación Airela (1.000), Asociación Cultural Xuntanza (1.000) e Asociación Cultural de Música e Baile de Conxo (3.100).

Compartir: