TURISMO
O sábado 24 de novembro, Miguel Silvarredonda, profesor da Escola de Hostalería Paseo das Pontes, da Coruña, amosará o seu dominio tanto dos fogóns tradicionais coma dos modernos pratos de deseño preparando. O domingo 25, tempo para aprender da man de Jaume García. Cociñeiro do coñecido Velis Nolis, da Estrada, prepara o desembarco en Compostela da súa cociña de autor, na que se mesturan influencias galegas e catalás.
O programa "Santiago de Compostela. Repetirás" é unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, que busca achegar a composteláns e turistas o mellor da cociña galega de temporada. En decembro o polbo toma o relevo dos cogomelos, protagonizando obradoiros gastronómicos da man de expertos cociñeiros coma Xabier Barreiro ou Antonio Botana e excursións sobre o polbo, coa asistencia a unha poxa.
Ademais, ata o día 31 unha selección de máis de 20 restaurantes de Santiago de Compostela continuarán ofrecendo menús e pratos especiais a base de cogomelos, como arroz con codorniz e cogomelos na Curtidoría, revolto de vieiras con setas en Casa Elisa ou sopa de fungos e ameixas de Carril en El Mercadito. Os clientes só teñen que pedir a carta "Santiago de Compostela. Repetirás" nos restaurantes que amosen o distintivo de establecementos colaboradores.
Última oportunidade para aprender a cociñar cogomelos cos mellores mestres
22/11/2007 O 24 e o 25 de novembro, os afeccionados á gastronomía teñen a última oportunidade de aprender a cociñar cogomelos con "Santiago de Compostela. Repetirá". Miguel Silvarredonda e Jaume García pecharán os obradoiros de cociña sobre este produto que se veñen desenvolvendo durante todo o mes, antes de dar paso ao polbo.
Ambos profesionais realizarán en directo as súas especialidades, explicando o proceso de xeito que cada asistente poda repetir a experiencia na súa casa. Estes obradoiros impártense na Galería Sargadelos e poden participar ata 45 persoas que, por tan só 10 euros, aprenderán durante dúas horas diferentes xeitos de cociñar cogomelos.O sábado 24 de novembro, Miguel Silvarredonda, profesor da Escola de Hostalería Paseo das Pontes, da Coruña, amosará o seu dominio tanto dos fogóns tradicionais coma dos modernos pratos de deseño preparando. O domingo 25, tempo para aprender da man de Jaume García. Cociñeiro do coñecido Velis Nolis, da Estrada, prepara o desembarco en Compostela da súa cociña de autor, na que se mesturan influencias galegas e catalás.