ALCALDÍA

O Museo do Pobo Galego, proposto para recibir a Medalla de Ouro da Cidade

21/11/2007 Os representantes do Consello Asesor de Condecoracións, tras reunirse na Casa do Concello, acordaron por unanimidade propoñer a concesión ao Museo do Pobo Galego da Medalla de Ouro da Cidade, proposta que se levará á aprobación do pleno municipal deste mes de novembro.

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciara xa esta iniciativa durante a súa intervención no acto de celebración do trixésimo aniversario da inauguración do Museo o pasado sábado 27 de outubro.

Compartir: