INFRAESTRUTURAS

Adxudicadas as obras de mellora do firme entre Son de Abaixo e Marzo de Abaixo

19/11/2007 A Xunta de Goberno adxudicou as obras de reforzo do firme na vía pública R-5-III-B, entre Son de Abaixo e Marzo de Abaixo. Esta actuación, incluída no Plan de Cooperación Provincial 2007 da Deputación, será realizada por un importe de 224.420 euros e nun prazo de 28 días naturais.

Este proxecto afecta a un tramo de 1,6 quilómetros. Reforzarase o firme existente, co fortalecemento dos bordos e un posterior estendido e compactado dunha nova capa de rodadura. Os traballos inclúen a reconstrución de cunetas, drenaxes e accesos ás parcelas, limpeza e reposición da sinalización viaria.

Compartir: