SANIDADE
Este ano o Día Mundial da Diabete céntrase na importancia de detectar a enfermidade o antes posible en nenos e adolescentes para previr problemas futuros como poden ser mortes ou discapacidades.
A Asociación Compostelá de Diabéticos fai fincapé este ano na detección da enfermidade en nenos e adolescentes
14/11/2007 Como cada 14 de novembro, xornada na que se celebra o Día Mundial da Diabete Mellitus, a Asociación Compostelá de Diabéticos leva a cabo unha serie de actividades divulgativas entre a poboación coa finalidade de dar a coñecer mellor a enfermidade.
Con este motivo, instalaron unha mesa informativa na praza do Toural ata a que se achegou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Benestar Social, Mar Martín, para apoiar a iniciativa da asociación compostelá.
Este ano o Día Mundial da Diabete céntrase na importancia de detectar a enfermidade o antes posible en nenos e adolescentes para previr problemas futuros como poden ser mortes ou discapacidades.