ALCALDÍA

O Concello cederá á ONG Ternura un local para os pais de nenos oncolóxicos

12/11/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi a representantes da ONG "Ternura, asociación de axuda ao neno oncolóxico" para falar da posibilidade de que o Concello facilite un local na cidade no que poidan pernoctar os pais e familiares dos nenos hospitalizados de longa duración.

Os coñecidos directores do programa "Luar" Xosé Ramón Gayoso e Manuel Abad, xunto ao intérprete de "Os Tonechos" Roberto Vilar, que forman parte da ONG "Ternura, asociación de axuda ao neno oncolóxico" achegáronse esta mañá ao Concello para falar co alcalde compostelán. Sánchez Bugallo púxoos en antecedentes sobre a conversa que xa tivera coa presidenta da ONG e profesora da escola infantil do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Ruth Gómez. O rexedor trasladoulles o seu compromiso de ceder á ONG un local, posiblemente en Volta do Castro ou en Santa Marta, en canto sexa posible.

Compartir: