URBANISMO

Inícianse os trámites para documentar a parte non aprobada do PXOM

05/11/2007 O Goberno municipal adxudicou polo procedemento de urxencia o contrato complementario para a xustificación e adaptación da parte non aprobada do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A Oficina de Planeamento encargarase deste proceso e o importe do contrato é de 135.024.

Esta revisión adáptase pois ao formulado na Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 3 de outubro do 2007. Agora comeza un proceso cun prazo estimado de tres a catro meses para ter lista toda a documentación que logo se lle remitirá á Xunta. Posteriormente, a Consellería disporá doutros tres meses de prazo para pronunciarse definitivamente sobre os puntos do PXOM postos en cuestión. Este traballo realizarase en coordinación cos técnicos municipais e do propio departamento autonómico.

As discrepancias de Política Territorial afectan fundamentalmente a algúns solos delimitados e non delimitados, á integración urbana de zonas inicialmente rurais e á delimitación de núcleos rurais e áreas de extensión de núcleo.

Compartir: