CULTURA

Cineuropa estrea "Liste, pronunciado Lister", primeira longametraxe de Margarita Ledo

30/10/2007 A edición número XXI de Cineuropa vén cargada de estreas dos mellores filmes da actualidade. Así, o venres día 9, o Teatro Principal acolle a presentación da primeira longametraxe de Margarita Ledo, Liste, pronunciado Lister. O filme é a visión da realizadora galega sobre o líder comunista nacido en Calo e erixido nunha das figuras míticas da Guerra Civil.

A sección oficial incluirá as últimas creacións dalgúns dos nomes máis relevantes do panorama europeo. Así, o festival proxectará "It´s a free work", de Ken Loach, presentada en Venecia; "A muller cortada en dous", de Claude Chabrol; "A duquesa de Langeais", de Jacques Rivette; ou "Cen cravos" de Ermanno Olmi. Ademais, a sección oficial ofrece as últimas interpretacións de Audrey Tattou ("Ensemble, c’est tour", de Claude Berri), ou Juliette Binoche, en "The voyage of the red balloon" de Hou Hsiao Sien.

Outras incorporacións á programación desta XXI edición son as de "Michael Clayton", o thriller producido por Sydney Pollack e protagonizado por George Clooney, e xa dentro da sección Fantastique Compostela, o loubado retorno de George A. Romero ao terror con "O diario dos mortos" ou a nova esperada película do coreano Park Chang-wook "Ok, I’m a cyborg".

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentará a programación completa de Cineuropa, así coma o nome dos premiados desta edición, nunha rolda de prensa o luns, días 6, ás 12:00 horas, na que tamén estará o director do festival, José Luis Losa.

Compartir: