PERSOAL

O Concello inicia os trámites para contratar o servizo de limpeza nas dependencias municipais

29/10/2007 A Xunta de Goberno aprobou os pregos e o inicio urxente do expediente de contratación do Servizo de Limpeza nos edificios e dependencias do Concello de Santiago. O tipo de licitación fixado é de 875.756 euros.

Este importe incrementa o da anterior licitación en virtude dun novo equilibrio económico-financeira. Nel téñense en conta a incorporación no contrato de novos centros socioculturais, a suma do IPC e mesmo o pacto laboral subscrito entre a actual adxudicataria e os seus traballadores, con coñecemento do Concello, no marco dun conflito colectivo.

Decoración de Nadal
Outra adxudicación aprobada foi a da adquisición de material de decoración para o Nadal. Mercaranse cinco unidades de figuriñas de pingüíns e tres de fontes luminosas. O importe da compra é de 9.831 euros.

Tamén se procede á unha retención de crédito de 10.000 euros para afrontar a adquisición dos materiais para a montaxe do Belén, tales como tepe, area, madeira, plantas decorativas ou material eléctrico.

Obras de alumeado público na rúa das Mulas
Por outra parte, o Goberno municipal adxudicou as obras de alumeado público na rúa das Mulas, en Boisaca. A actuación terá un custo de 23.000 euros.

Compartir: