ZONA HISTÓRICA

O Goberno local autoriza o uso da vía pública pola rampla da SGAE

29/10/2007 A proposta da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García, a Xunta de Goberno autorizou á Sociedade General de Autores e Editores (SGAE) a ocupación de 14 metros cadrados de superficie da rúa Salvadas, 0,75 metros lonxitudinais, coa rampla-escaleira de acceso ao edificio. A eficacia desta autorización queda condicionada á legalización urbanística das modificacións efectuadas pola SGAE sobre a obra proxectada.

A rampla-escaleira será propiedade do Concello. Non obstante, os desperfectos ocasionados nesta e no viario como consecuencia da súa utilización serán responsabilidade da SGAE. O Concello poderá suspender con carácter temporal e por razóns de tráfico, obras ou outras circunstancias extraordinarias a utilización desta rampla.

Tal como indicara Socorro García no último Pleno municipal, a construción deste elemento era a única solución para garantir o dereito da plena accesibilidade pola porta principal para todas as persoas en igualdade de condicións.

Compartir: