PLENO

O Pleno aproba inicialmente as ordenanzas de ingresos públicos para o ano 2008

25/10/2007 Co voto favorable dos dous grupos municipais do Goberno e o negativo do PP, aprobáronse inicialmente as ordenanzas fiscais para 2008, explicadas no Pleno polo concelleiro de Facenda e Orzamentos, Andrés Fariña.

Trece taxas actualízanse de acordo co Índice de Prezos ao Consumo (IPC), rexistrando un incremento do 2,3%. A taxa do lixo non se ve afectada por esta actualización. Tampouco están suxeitos a esta revisión os impostos, que se fai en base aos datos catastrais.

Segundo apuntou Andrés Fariña, as principais novidades das ordenanzas do novo exercicio teñen que ver coa mellor comprensión das mesmas e coa adecuación aos novos sistemas de xestión. En relación á actualización do IPC, apuntou que "se fan por equilibrio financeiro, o que nos vai permitir facer políticas de redistribución de rende entre os cidadáns de Compostela".

As ordenanzas serán expostas ao público por un mes. Finalmente, o Pleno aprobaraas definitivamente.

Compartir: