LINGUA

O Concello de Santiago, invitado a integrarse no Consorcio para a Planificación Lingüística

25/10/2007 A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e coa concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez. O obxectivo da xuntanza era falar do que será o Consorcio para a Planificación Lingüística, no que, xunto á Administración autonómica, se integrarán concellos e deputacións.

Este Consorcio xa está proxectado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado polo Parlamento de Galicia en setembro de 2004. O seu obxectivo é consolidar o papel normalizador das corporacións locais.

Compartir: