ALCALDÍA

"Amal" tende pontes entre a cultura árabe e Galicia a través de 47 filmes

22/10/2007 O Festival de cine euro-árabe Amal 007 proxectará do 22 ao 31 de outubro un total de 47 filmes: trinta curtametraxes, nove longametraxes e e oito documentais. O evento chega así á súa quinta edición, confirmándose como o primeiro festival competitivo destas características en España.

O certame, que quere ser un espazo para o entendemento entre as culturas árabe e galega, ten tamén unha dimensión competitiva. Así, o xurado internacional outorgará os seguintes premios: mellor longametraxe de ficción, mellor documental, mellor curtametraxe, mellor director, mellor actor, mellor actriz e Premio Amal do público. O festival ten tamén o reto de superar os 3.000 espectadores cos que contou a edición de 2006.

A inauguración de Amal 007 contou coa intervención, entre outros, do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; do secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado; e do comisario do Festival, Ghaleb Jaber Martínez. Despois das palabras de todos, exhibiuse a curtametraxe Colorist in wartime.

As proxeccións terán lugar na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (carreira do Conde, 18) en sesións ás 17:00, 19:30 e 22:00 horas. O prezo das entradas para longametraxes e documentais é de dous euros, mentres que para as curtas a entrada custa un euro por sesión. Hai bonos de catorce euros por dez sesións.

De modo paralelo ao Festival de cine se realizarase a selección de películas videodocumentais From Middle East with love (Dende Oriente Medio con amor), no salón de actos da Facultade de Filosofía. Ademais, exhíbese no hotel Meliá Araguaney a mostra de pintura Colorist in wartime, de Jaber Alwan.

Direccións relacionadas



Compartir: