ALCALDÍA

Galicia e Israel preparan un encontro empresarial

22/10/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Asuntos Económicos e Comerciais de Israel, Amos Wohl. Este atópase de visita en Galicia co obxectivo de preparar o primeiro Encontro Empresarial de Galicia con Israel.

Amos Wohl falou con Sánchez Bugallo deste encontro, que alentará as relacións bilaterais nos sectores comerciais, investigadores e investidores. Na súa estanza en Galicia, os días 22 e 23 de outubro, o dirixente israelí tamén ten previsto contactos con diversos representantes institucionais e do mundo da empresa e das finanzas.

Compartir: