ALCALDÍA

Compostela reunirá ás personalidades académicas máis relevantes do mundo económico e financeiro

19/10/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a tres membros da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras. Estes comunicáronlle que Santiago será escenario da vindeira xuntanza desta corporación, polo que a cidade acollerá ás máis relevantes personalidades académicas do mundo económico e financeiro.

En Compostela estiveron o presidente da institución, Jaime Gil Aluja; o asesor económico do Rei de Marrocos, Andrée Azoulay; e o ministro de Transportes de Italia e ex reitor da Universidade de Regio Calabria, Alessandro Bianchi, tamén membros da mesma. Durante a súa visita asinaron no Libro de Honra da Cidade.

A Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, con sede en Barcelona, é unha corporación oficial de carácter científico e técnico dedicada á investigación e ao estudo das ciencias económicas e financeiras. Ademais, é unha entidade que asesora a numerosos organismos oficiais e institucións públicas. Acolle tanto académicos españois como destacados correspondentes extranxeiros.

Compartir: