ORZAMENTOS

Visto bo ao proxecto de ordenanzas fiscais para 2008

15/10/2007 O concelleiro de Facenda e Ornamentos, Andrés Fariña, presentou o proxecto de ordenanzas fiscais para 2008, aprobado pola Xunta de Goberno. As novidades teñen que ver coa mellor comprensión, coa adecuación aos novos sistemas de xestión e coa actualización do IPC.

Entre as modificacións destaca a que afecta ao incremento do valor dos bens inmobles por transmisión mortis-causa, xa que agora pasa a terse en conta todo o patrimonio a nivel nacional do suxeito pasivo. Outra novidade é a inclusión dunha nova relación para o imposto de vehículos de tracción mecánica a afectos de clarificar as solicitudes.

Nun total de trece taxas prodúcese a actualización de acordo co Índice de Prezos ao Consumo, en concreto do 2,3%. A única taxa non afectada por esta actualización é a do lixo. Os impostos tampouco están suxeitos a esta revisión, xa que nestes casos faise en base aos datos catastrais.

Andrés Fariña tamén quixo recalcar que se segue a potenciar a posibilidade de tramitar o pago destes impostos e taxas a través da páxina web municipal. Finalmente, recordou que "as ordenanzas fiscais son os ingresos correntes do Concello e a base na que se apoia a capacidade de gasto do mesmo".

Unha vez aprobado pola Xunta de Goberno, o proxecto de ordenanzas someterase á aprobación inicial do Pleno, para posteriormente ser exporta ao público. Finalmente, de novo o Pleno aprobaraa definitivamente.

Compartir: