ALCALDÍA

Eugenio Granell na súa dimensión política

11/10/2007 O 70 aniversario do asasinato do político Andreu Nin e a recuperación de memorias históricas do POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista) en outono 2007 son as razóns que motivaron á Fundación Eugenio Granell a organizar a exposición "Eugenio Granell militante do POUM".

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inaugurou esta mostra, que estará aberta ata o 27 de xaneiro de 2008. A exposición está formada por documentación gráfica, bibliográfica e audiovisual sobre a forza política que presidiu a vida de Eugenio Granell.

Ademais, a exposición conta cun apartado dedicado ao POUM en Galicia, e completase cun programa de actividades formado por un ciclo de charlas e a proxección de filmes como "Operación Nicolai" ou "Tierra y libertad".

Compartir: