COMERCIO

Os gañadores da edición de outono do Concurso de Escaparatismo xa teñen as súas bandas de recoñecemento

10/10/2007 Unha edición máis, o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, desprazouse ata os establecementos gañadores do Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping" para entregarlles as súas bandas de recoñecemento. Na convocatoria de outono os gañadores foron, por esta orde El rincón del aceite, Media Lúa e Chocolat Factory.

O percorrido comezou nesta ocasión polo gañado, El rincón del aceite, tenda situada na rúa Ramón Cabanillas, 2. Nela o xurado estimou a iluminación, orixinalidade e sinxeleza da composición, que integra elementos da naturaleza, como o olivo, producindo un atractivo impacto visual.

A seguinte entrega da banda foi para o terceiro establecemento clasificado, Media Lúa, na rúa Travesa 5, que xa gañara a edición de primavera e quedara terceira na de verán. No seu escaparate destaca a distribución do espazo, no que incorpora o elemento estrela das súas vendas: o coiro. Inspírase na volta ao colexio, con libros, libretas, pizarras, etc.

O xurado acordou conceder o terceiro premio á tenda de marroquinería Media Lúa, situada na rúa Travesa, número 5, pola boa distribución que fai do espazo, ao que sempre incorpora o elemento rei das súas vendas: o coiro. Nesta ocasión utiliza ese mesmo coiro para compór un escaparate inspirado nun tema tan actual no outono como é a volta ao colexio, non que non faltan libros, libretas, pizarras, etc.

A última parada tivo lugar en Chocolat Factory, na rúa do Toural, 10. Este establecemento, de recente apertura, obtivo o segundo premio por un escaparate e unha decoración baseados nas tabletas de chocolate.

25 participantes
Á edición de outono do concurso presentáronse 25 estabelecementos comerciais, de sectores tan diversos como téxtil e confección, pél, xoiarías, xoguetarías, zapatarías, artes plásticas, decoración, ópticas, productos ecolóxicos e artesanía.

Os premios dos gañadores do Concurso de Escaparatismo nas súas diferentes edicións consisten en investimentos en promocións publicitarias e nun trofeo, a maiores, para o gañador anual. A publicidade, a nivel local, inclue campañas en televisión, en prensa e en radio, segundo a clasificación.

El rincón del aceite únese na lista de gañadores de 2007 a Media Lúa e Belén Mosquera, triunfadores nas edicións de primavera e de verán, respectivamente. A seguinte convocatoria será a de Nadal e, a principios de 2008, nomearase un gañador final entre os estabelecementos que tivesen unha maior continuidade na súa imaxe ao longo do certame. Na edición do 2007 o gañador final foi a tenda de decoración Andrómenas.

Compartir: