CULTURA

Milladoiro únese cun concerto á celebración dos 150 anos da Facultade de Farmacia

09/10/2007 Despois de ser suspendido por mor do mal tempo o concerto previsto para maio, Milladoiro estará finalmente o 11 de outubro, ás 21:00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións. Esta actuación, promovida por Caixanova e na que colabora a Concellaría de Cultura, forma parte dos actos de celebración dos 150 anos da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago. O concerto é de balde.

Milladoiro únese así ao recordo dunha Facultade coa que teñen moito que ver algúns dos seus integrantes. No Pazo de Congresos farán un repaso pola súa carreira musical, tal como fan no seu último disco, nos que realizaron una relectura dos seus temas máis clásicos.

Xa son 25 anos os que leva Milladoiro compoñendo e tocando por todo o mundo. A súa traxectoria está avalada polo éxito entre o público e polo recoñecemento en forma de premios, como o Goya á mellor banda sonora por "La mitad del cielo".

No seu último traballo, Milladoiro foi unha ollada retrospectiva, na que fai unha selección dos seus temas xa clásicos, pero cun ollo posto no horizonte, sempre dende o seu concepto da tradición como algo vivo, en constante evolución. Trátase, dalgún xeito, de facer mediante unha relectura actualizada unha píntese de 25 anos de traballo que frutificaron en 17 discos, máis de 1.000 concertos en todo o mundo e diversos traballos para o cine, o teatro e a televisión.

Compartir: