INFRAESTRUTURAS

Adxudicadas as obras de reforzo do firme no Vilar

08/10/2007 A Xunta de Goberno local adxudicou as obras de reforzo do firme na vía pública M-8-IV, no Vilar, incluídas no Plan de Cooperación Provincial 2007 da Deputación da Coruña.

Esta actuación adxudicouse por un importe de 168.330 euros. O seu prazo de execución é de 25 días.

O Goberno local tamén determinou a asistencia técnica que se encargará da dirección superior e de seguridade das obras de construción dunha zona deportiva en San Lázaro, por un importe de 57.353 euros. Cómpre lembrar que o Concello investirá 1.121.821 euros nesta obra, que servirá para dotar ao barrio dun novo campo de fútbol, provisto de gradas, vestiarios, un aparcadoiro de 69 prazas e unha pequena dársena de autobuses.

Recollida de augas na costa de San Marcos
En materia de saneamento, adxudicáronse as obras de recollida de augas pluviais na Costa de San Marcos (Bando), por un importe de 35.600 euros e un prazo de execución de tres semanas.

Compartir: