ALCALDÍA

Sánchez Bugallo califica de "rotundo éxito" a exposición do PXOM

24/06/2005 Tras a recente inauguración da exposición ao público do PXOM, o pasado 21 de xuño, estase a acadar un "rotundo éxito" de visitas e unha gran expectación, segundo explicou o alcalde compostelán.

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosouse "extraordinariamente satisfeito polo éxito que está a acadar e sorprendidos da repercusión que está tendo" o PXOM, inaugurado no Pazo de Fonseca o pasado 21 de xuño.

"O día 22", comentou o alcalde compostelán "recibíronse 80.000 visitas á web" onde está colgado o documento () e a exposición sita en Fonseca está a recibir "centos de visitas" tamén, tanto de cidadáns como de turistas. Ademais, os cen cds diarios que se editan ao día coa totalidade do plan agótanse nunha hora, polo que o mandatario compostelán lembrou aos cidadáns que garden calma, e que se non acadan un, poden consultar o PXOM a través da web, onde está previsto deixar colgado o documento definitivo, unha vez aprobado, como consulta de planeamento.

Compartir: