COMERCIO

El Rincón del Aceite faise co primeiro premio da edición de outono do Concurso de Escaparatismo

04/10/2007 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de outono do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse o estabelecemento de alimentación El Rincón del Aceite. En segundo lugar quedou a tenda de chocolates Chocolat Factory. E o terceiro premio foi para a tenda de marroquinería Media Lúa.

Á edición de outono do concurso presentáronse 25 establecementos comerciais, de sectores tan diversos como téxtil e confección, pél, xoiarías, xoguetarías, zapatarías, artes plásticas, decoración, ópticas, productos ecolóxicos e artesanía.

Do estabelecemento gañador, El rincón del aceite, situado na rúa Ramón Cabanillas, 2, o xurado valorou a iluminación, orixinalidade e sinxeleza da composición, que destaca por integrar elementos da naturaleza, como o olivo. O resultado final produce un atractivo impacto visual no potencial cliente.

Do segundo premio, que acadou a tenda Chocolat Factory, ubicada na rúa do Toural, 10, o xurado destacou o resultado obtido tanto no escaparate como na decoración, tendo en conta a dificultade de realizar unha composición cun só elemento: as tabletas de chocolate.

O xurado acordou conceder o terceiro premio á tenda de marroquinería Media Lúa, situada na rúa Travesa, 5, pola boa distribución que fai do espazo, ao que sempre incorpora o elemento rei das súas vendas: o coiro. Nesta ocasión utiliza ese mesmo coiro para compor un escaparate inspirado nun tema tan actual no outono como é a volta ao colexio, non que non faltan libros, libretas, pizarras, etc.

Os premios dos gañadores do Concurso de Escaparatismo nas súas diferentes edicións consisten en investimentos en promocións publicitarias e nun trofeo, a maiores, para o gañador anual. A publicidade, a nivel local, inclúe campañas en televisión, en prensa e en radio, segundo a clasificación.

O IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping", promovido pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, conta con catro edicións anuais, que coinciden coas catro grandes tempadas comerciais: primavera, verán, outono e Nadal. Os seus obxectivos son contribuir á dinamización das actividades comerciais, e servir de incentivo da capacidade creativa, emprendedora e imaxinativa dos estabelecementos composteláns.

O concurso está dirixido a todos os locais comerciais da cidade, primando tanto o escaparate como o interior do comercio. A principios do 2008 nomearase un gañador final entre os estabelecementos que tivesen unha maior continuidade na súa imaxe ao longo do certame. Na edición do 2007 o gañador final foi a tenda de decoración Andrómenas.

Compartir: