CENTROS SOCIOCULTURAIS

Vinte anos da librería Komic

03/10/2007 Hai xa 20 anos que a primeira librería especializada en banda deseñada que houbo en Galicia abriu as súas portas. Trátase da librería Komic, que celebra este aniversario cunha exposición no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. A mostra estará aberta ata o 13 de outubro.

A exposición amosa a obra de dous dos autores galegos de banda deseñada máis recoñecidos: Fran Bueno e David Rubín. Os actos inclúen tamén unha conferencia a cargo de Álvaro Pons, posiblemente o crítico de cómics máis importante do país, o 11 de outubro ás 12:00 horas, e unha charla coloquio entre os tres. E como remate, ás 22:30 horas, unha festa concerto na Sala Nasa, coa actuación da Banda de Nash.

Situada na rúa de San Pedro de Mezonzo 34, a liibrería Komic logrou converterse ao longo destas dúas décadas nun importante punto de referencia a nivel galego, ademais de facerse cun lugar propio no Ensanche compostelán. Alí pódese atopar todo tipo de banda deseñada, especialmente cómic europeo e produtos relacionados, como figuras, cartas, xogos, camisetas ou cartaces de cine.

Compartir: