INFRAESTRUTURAS

Case 340.000 euros para reforzar o firme da vía entre Son de Abaixo e Marzo de Abaixo

01/10/2007 A Xunta de Goberno deu o visto bo ao inicio do expediente de contratación das obras de reforzo do firme na vía pública R-5-III-B, entre Son de Abaixo e Marzo de Abaixo, incluídas no Plan de Cooperación Provincial 2007 da Deputación da Coruña. Esta actuación suporá un investimento de 339.269 euros.

O proxecto, que afecta a un tramo de 1,6 quilómetros, contempla o reforzo do firme existente, co fortalecemento dos bordos e o posterior estendido e compactado dunha nova capa de rodadura. Os traballos incluíran reconstrución de cunetas, drenaxes e accesos ás parcelas, limpeza e reposición da sinalización viaria. O prazo de execución estímase en dous meses e medio.

Saneamento en Lamas (Laraño)

O Goberno local aprobou tamén o proxecto para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Lamas, en Laraño. O custo desta obra será de 33.027 euros.

Compartir: