CONCERTO

Manolo García actua mañá na Quintana

19/07/2005 As entradas para o concerto aínda se poden adquirir en Discos Tipo, Discos Gong, Discos Fans e Disco y Precio, en Caixa Galicia, no Teatro Principal e na Oficina de Turismo a partir do 1 de xullo.

Manolo García presentará o mércores 20 de xullo, ás 22.30 horas na praza da Quintana, en Santiago, o seu último traballo, "Para que no se duerman mis sentidos", no que se inclúen 16 cancións nas que o artista catalán aposta polo eclecticismo e nas que as letras teñen peso propio.

Do disco, no que colaboran máis de 20 músicos, lévanse vendidos máis de 400.000 exemplares e supera xa os tres discos de platino. Ademais, no 2004 Manolo García foi galardoado co Premio ondas 2004 ao Mellor Artista Español. Actualmente, está de xira por todo o país para presentar o seu último disco.

Compartir: