AUDITORIO

Á venda os novos abonos para a temporada 2007/2008 do Auditorio de Galicia

25/09/2007 Os interesados en asistir ás actuacións da Real Filharmonía de Galicia e orquestras invitadas no Auditorio pódense facer con diferentes modelos de abono, á venda no despacho de billetes do propio Auditorio ata o 26 de setembro.

O abono A inclúe tódolos concertos, dende outubro a xuño, por un prezo de 217, 5 euros, o que supón un aforro do 25%. O abono B ten validez ata o mes de decembro e custa 71,4 euros. O abono C estará vixente entre xaneiro e marzo: 11 concertos, por 103,7 euros. Por último, o abono D, abril-xuño, inclúe 8 concertos por 71,4 euros. Como novidade este ano, o Auditorio pon á venda un abono especial para xubilados e estudantes, que supón unha rebaixa do 50%.

Os abonos véndense no despacho de billetes do Auditorio de Galicia, os días 25 e 26 de setembro de 2007, en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Compartir: