TURISMO

A China International Radio visita Santiago de Compostela

24/09/2007 Unha delegación de xornalistas da Radio Internacional de China entrevistouse co concelleiro compostelán de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para coñecer a política turística desta cidade Patrimonio da Humanidade.

O grupo de 11 xornalistas chinos, membros da China International Radio e das súas divisións de prensa escrita e Internet, visitaron Santiago de Compostela para coñecer, segundo afirmaron, "un dos máis atractivos destinos dispoñibles para China no mercado español".

Os xornalistas, que percorren os principais destinos turísticos da Península, con énfase nas cidades líderes en turismo cultural, centraron a súa a entrevista co concelleiro compostelán no desenvolvemento da industria turística local, na política municipal de fomento do turismo, na protección do patrimonio, na creación de produtos turísticos e na súa promoción nos mercados internacionais.

A delegación china, que viaxa por iniciativa da consellería de Turismo da embaixada española en China, manterá o martes 25 unha xuntanza con representantes da Secretaría General de Turismo.

Compartir: