DEPORTES

Unha nova oportunidade para percorrer en bicicleta as rúas da cidade

24/09/2007 O domingo 30 de setembro celebrarase unha nova edición do Día da Bicicleta. Esta exitosa convocatoria permitirá aos composteláns dar un paseo en bicicleta polas principais rúas da cidade.

O Centro Comercial Compostela será o punto de saida desta proba as 11:00 horas. Dende alí, percorrido ata a praza do Obradoiro pasando polas seguntes rúas: Amor Ruibal, Hórreo, praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, Rodas, colexio La Salle, San Roque, Santa Clara, Basquiños, San Caetano, Camiño Francés, rúa París (Fontiñas), rúa Londres, rúa Dublín, avenida de Lugo, rotonda Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, Santiago de Guayaquil, República do Salvador, Alfredo Brañas, República Arxentina, praza Ponte Castro, Hórreo, Senra, Porta Faxeira, Pombal, Galeras, Salvadas, Vista Alegre, avenida de Castelao, Burgo das Nacións, Xoán XXIII e San Francisco.

O orzamento da proba para este ano é de 6.500 euros. Como cada ano, haberá agasallos para todos os inscritos.

Compartir: