ALCALDÍA

Os enxeñeiros industriais nomean a Luis Toxo Colexiado de Honra

21/09/2007 Na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais, o ex-concelleiro e agora deputado autonómico, Luis Toxo, foi nomeado como colexiado de honra.

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto, co que os enxeñeiros composteláns quixeron recoñecer o apoio prestado por Toxo ao colectivo dende as súas responsabilidades políticas.

Compartir: