ALCALDÍA

"Con dedos de silencio": Compostela como inspiración

20/09/2007 O Centro Comercial Compostela acolle ata o 22 de setembro a exposición "Con dedos de silencio", do compostelán Germán Martínez Souto. O alcalde visitou a mostra deste artista, que ten como inspiración as rúas e prazas da cidade.

Este artista compostelán comezou co debuxo ao carbón na Asociación de Artes e Oficios. A partir de 1950 vive en Bos Aires, e xa no 2005, con 72 anos, fai a súa primeira exposición en Santiago no Hotel Porta do Camiño. Segue cunha mostra permanente no Restaurante Reina Lupa, na Escravitude.

A súa obra reúne verdadeiros documentos visuais, capturados polo ollo do amante da súa terra. A súa arte, detallista e coidada, é unha simbiose entre o real e o desexado.

Compartir: