ALCALDÍA

Tragsa celebra en Compostela o seu 30 aniversario

20/09/2007 O Grupo Tragsa escolleu o Pazo de Congresos e Exposicións para celebrar o seu 30 aniversario. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deulle a benvida aos participantes nesta convención.

Tragsa é unha empresa española, de capital público, con experiencia na realización de todo tipo de traballos no ámbito agrario e medioambiental. Na súa traxectoria ten un bo número de actuacións realizadas no municipio santiagués.

Xunto co alcalde, participaron na apertura da convención o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, ademais dos responsables do Grupo Tragsa.

Compartir: