ALCALDÍA

Pintura e cerámica únense en clave surrealista

19/09/2007 A Fundación Granell acollerá ata o 19 de novembro a exposición "Canto de paxaros", dos holandeses Elizé Bleys y Rik Lina. O alcalde compostelán inaugurou a mostra, que establece un diálogo entre a cerámica da primeira e a obra pictórica do segundo.

A exposición, enmarcada no Ciclo de Surrealismo Internacional, amosa obxectos surrealistas, utilizando como base as tipografías de cerámica, olas e búcaros, creando obxectos de cor e grande imaxinación.

Rik Lina é un coñecido artista surrealista de orixe neerlandesa, aínda que ten a súa fonte de inspiración na arte de América Latina, más concretamente na figura do surrealista cubano Wifredo Lam. Lina é coñecido fundamentalmente por ser o fundador do grupo Novos Cobra de Amsterdam, no que participan tanto pintores europeos como latinoamericanos, e do Colective Automathic Painting.

En el caso de Elizé Bleys, ceramista dos Países Baixos que vive e traballa en Amsterdam e nas Antillas holandesas, é coñecida por participar en diversas mostras na capital holandesa nos últimos anos. Nesta artista a práctica surrealista consiste en construír o obxecto surrealista utilizando como base as tipografías de cerámica, olas, búcaros, creando obxectos cheos de cor, humor e imaxinación.

Compartir: