ALCALDÍA

Os municipios e provincias de Galicia únense á defensa da Cidade da Cultura

17/09/2007 A comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a proposta do seu membro e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co acordo unánime de todos os grupos políticos, acordou "o seu apoio e defensa á conclusión da Cidade da Cultura con fidelidade ao proxecto arquitectónico aprobado pola Xunta de Galicia, do cal xa se executou o 60% do orzamento".

Os representantes dos municipios e provincias galegas tamén estiman que "o uso cultural do complexo da Cidade da Cultura é o que lle da sentido ao proxecto e debe manterse para que sexa un motor de desenvolvemento para Galicia". A FEGAMP amosou o seu apoio á concepción actual do proxecto e considérao "fundamental para Galicia e para a súa consolidación como gran destino turístico internacional, contribuíndo así a amplialo ao unir o monte Gaiás aos xa importantes símbolos de Galicia no mundo".

Documentos relacionados



Compartir: