ALCALDÍA

O martes de Antroido e San Roque serán os festivos locais en 2008

17/09/2007 O Goberno municipal acordou que os festivos locais en 2008 sexan o martes de Antroido e a festividade de San Roque, o 16 de agosto.

Como sucedera en 2007 co Día das Letras Galegas, a xornada da Ascensión volve a coincidir con outra festividade, neste caso co 1 de maio. É por este motivo polo o martes de Antroido segue a ser festivo un ano máis.

Novo armamento para a Policía Local
Por outra parte, o Concello investiu 29.994 euros na adquisición de novo armamento para a Policía Local.

En total, a Xunta de Goberno aprobou a compra de 51 pistolas, 51 fundas para pistolas, 51 fundas para cargadores e 5.100 cartuchos. A empresa adxudicataria achegará o novo material nun prazo máximo dun mes.

Mantemento das instalacións deportivas
O Goberno local adxudicou tamén o servizo de control, vixilancia, mantemento e limpeza das instalacións deportivas municipais a empresa Eventos Güi 1.000, por un importe de 118.000 euros.

Contratación de traballadores
Finalmente, deuse conta da subvención concedida pola Consellería de Traballo para a contratación dun total de 25 traballadores para os seguintes programas: Centro de Interpretación da Ecoloxía Urbana (3 traballadores), inspección ambiental (9), Programa Deporte Cidade (2), dinamización dos centros socioculturais (6) e Programa de integración social de drogodependentes en situación de exclusión social (5).

Compartir: