CENTROS SOCIOCULTURAIS
O último día de actividades, o sábado 15, desenvolverase o último dos roteiros guiados, neste caso polo contorno natural de Conxo, ás 12:00 horas. Xa pola tarde, a partir das 16:30, celebrarase o V Torneo de xadrez. O fin de festa comezará ás 17:00 horas cos xogos do mundo. Logo, entrega de premios dos torneos e xogos e, xa pola noite, concerto de música tradicional con Pablo Seoane. As actividades pecharanse de madrugada, coa actuación de Dj Drake.
Continúan as actividades da Semana Cultural de Conxo
13/09/2007 O Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo acolle os últimos días de actividades da súa Semana Cultural. O programa concluirá o sábado 15 cun especial fin de festa.
As actividades para o venres 14 comezan ás 17:00 horas con talleres de construción de xoguetes con materiais de refugallo. A continuación, contacontos con Soledad Felloza na aula de lectura e un taller de mantemento de bicicletas., unha xincana ciclista e talleres de flores e de plantas medicinais. E para rematar o día, unha sesión de cine ao aire libre.O último día de actividades, o sábado 15, desenvolverase o último dos roteiros guiados, neste caso polo contorno natural de Conxo, ás 12:00 horas. Xa pola tarde, a partir das 16:30, celebrarase o V Torneo de xadrez. O fin de festa comezará ás 17:00 horas cos xogos do mundo. Logo, entrega de premios dos torneos e xogos e, xa pola noite, concerto de música tradicional con Pablo Seoane. As actividades pecharanse de madrugada, coa actuación de Dj Drake.