INFRAESTRUTURAS

As piscinas de Sar contarán con novos vestiarios

10/09/2007 A Xunta de Goberno local aprobou a contratación das obras do proxecto de reforma dos vestiarios das piscinas exteriores do Multiusos Fontes do Sar. As obras saen cun tipo de licitación de 204.919 euros e un prazo de execución de seis meses. O proxecto é obra do arquitecto Jorge Barata, está financiado polo Consorcio de Santiago.

Esta actuación permitirá subsanar o problema da non disposición de espazo específico para nenos e nenas nestes vestiarios, o que obrigaba a cambiar aos alumnos cos pais en vestiarios de adultos. Isto supoñía un problema á vista do alto número de cursos para rapaces que se celebran durante todo inverno.

Ademais da construción dos novos vestiarios, acometeranse outras reformas, como a substitución do túnel polo que se acceder ao globo, solucionando así o contraste térmico entre os vestiarios e o vaso. Tamén se realizarán as obras adecuadas para solventar os problemas de condensación.

Compartir: