MEDIO AMBIENTE

Apróbase o proxecto da Aula de Coñecemento do Medio Rural en Portela (Villestro)

10/09/2007 A antiga escola da Portela (Figueiras) converterase en breve na Aula de Coñecemento do Medio Rural. O Goberno local deu o visto bo ao proxecto e á licitación das obras, que suporán un investimento de 441.606 euros. O prazo de execución será de seis meses.

Esta actuación realizarase ao abeiro dunha subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), na que participan diversas administracións. A maior parte dos fondos (65,18) proceden do FEOGA, con 244.663 euros. Tamén achegarán cartos a Administración Central (35.284 euros), AGADER (35.622) e a Administración Local (59.795 euros).

A nova Aula do Coñecemento do Medio Rural situarase nun inmoble ubicado en Villestro que se atopaba en estado de abandono. O seu obxectivo é dar resposta ao interese polo uso social do patrimonio cultural e natural. Será xestionada polo Concello a través dunha empresa especializada. Ademais do proxecto técnico de edificación, tamén se contempla un proxecto pedagóxico.

Compartir: