GRUPO DE CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

As cidades patrimonio da humanidade realizarán un estudio de accesibilidade aos conxuntos históricos

17/06/2005 A realización dun estudio de accesibilidade aos conxuntos históricos e monumentais das cidades que integran o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España foi un dos asuntos abordados na asamblea do Grupo celebrada o venres, 17 de xuño, no Concello de San Cristóbal de La Laguna (Santa Cruz de Tenerefe).Este estudio será realizado a través dun convenio con FUNDOSA,

A concelleira Teresa García-Sabell participou nesta asamblea na que se abordaron entre outros asuntos as solicitudes de ingreso no Grupo das cidades de Mérida e Tarragona, solicitudes que serán analizadas para a súa posterior consideración na asamble prevista para o ano 2006.

Así mesmo e a vista do gran calidade do traballos gañadores no programa "Coñecer as cidades patrimonio" convocado entre alumnos de educación secundaria das cidades patrimonio da humanidade de España, considerase a posibilidade de comercializar un deles que baixo a forma de monopoly ten un alto valor pedagóxico. O tema deste concurso para a próxima convocatoria será "O turismo e as cidades históricas".

Convenio para a desenvolvemento de escolas taller

Doutra banda o Grupo de Cidades Patrimonio deu o visto bó á subvención aprobada polo Goberno central para o desenvolvemento de escolas taller en rehabilitación en cada unha destas cidades, froito do convenio suscrito en 2004 entre o Grupo e o Ministerio de Trabajo. segundo informouo actual presidente, o alcalde de Ávila, Miguel Ángel García Nieto. l

Outros asuntos abordados nesta xuntanza foron a solicitude de inclusión do Grupo no Libro Blanco di Turismo en España e a aprobación do deseño do ‘pasaporte’ de Paradores Nacionales. No campo do fomento e difusión do Grupo de Cidades o alcalde de Ávila informou que as cidades patrimonio participarán tamén nunha campaña promocional ‘on-line’ organizada por Turespaña no extranxeiro.

Finalmente os representantes das once cidades españolas que forman esta asociación (Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Toledo, Cuenca, La Laguna, Ibiza, Salamanca, Santiago de Compostela y Segovia) expresaron o seu respaldo á candidatura presentada polo Parque Nacional do Teide para ser distinguido pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Compartir: