ALCALDÍA

Unha mostra achega aos composteláns os efectos na poboación dos territorios palestinos ocupados do muro construído por Israel

06/09/2007 A Asociación Fuco Buxán, xunto coa ONG ACSUR-Las Segovias prepararon unha exposición para amosar os efectos que sobre a poboación dos territorios palestinos ocupados ten o muro que está a construír Israel. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu a unha mesa para animar aos composteláns a achegarse ata esta mostra, que estará na Sala Castelao do Hotel Araguaney ata o 8 de setembro.

Ademais do alcalde, participaron na mesa redonda Manuel Carballeira, de Fuco Buxán; Mohamed Safa, da Organización para a Liberación de Palestina (OLP); e Magali Thill, directora adxunta de ACSUR.

A ONG ACSUR considera que o muro é un atentado contra os dereitos humanos. Por iso reclama a paralización da construción do mesmo, o desmantelamento da parte xa construída, a devolución das terras confiscada para a súa construción e compensacións polos danos. A exposición esta aberta, de luns a venres, en horario de 18:30 a 21:00 horas e o sábado de 12:00 a 14:00 horas.

Compartir: