DEPORTES

Miles de composteláns viviron nas rúas a chegada da Volta a España

02/09/2007 A segunda etapa da Volta Ciclista a España chegou a Compostela co éxito agardado. Centos de composteláns botáronse á rúa para presenciar o paso dos ciclistas polo trazado urbano deseñado para a ocasión, con punto final en Salgueiriños.

Despois dunha animada e accidentada etapa, o triunfo na meta de Santiago correspondeu a Óscar Freire despois dun sprint. O ciclista cántabro do conxunto holandés Rabobank situouse á súa vez como líder da proba.

Maratón benéfico
Antes da chegada dos ciclistas, celebrouse no paseo central da Alameda o I Maratón Benéfico de Ciclo Indoor "Compostela 07". Todos os que se achegaron ata alí pudieron pedalear sobre bicicletas estáticas e facer quilómetros virtuais, convertidos en euros, para os proxectos da Fundación Down Compostela.

Compartir: