RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Compostela celebrará o 50 aniversario da creación do Premio Europa

17/06/2005 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará o 21 de xuño a Estrasburgo invitado polo presidente da Asamblea Parlamentaria de Europa, Mr. René van der Linden, onde exporá os actos que terán lugar en Compostela os días 1 e 2 de xullo con motivo do 50 aniversario da creación destes galardóns e do 20 aniversario da súa concesión a Santiago de Compostela, únicade cidade española que desde entón ostenta esta distinción.

Con motivo do 50 aniversario da creación do Premio Europa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará a Estrasburgo o 21 de xuño para comparecer ante a cámara da Asamblea de Estrasburg e ultimar o programa de actos da celebración.

A nosa cidade foi escollida para a celebración desta efeméride a petición da propia Asamblea de Estrasburgo. Na celebración boa parte dos alcaldes e representantes das máis de 60 cidades eurepeas que contan con este recoñecemento.

O Premio Europa foi instituido no ano 1955 polo Consejo de Europa para destacar a contribución das cidades na formación e consolidación dun espírito común europeo. Compostela recibiu este galardón no ano 1985.

Os actos terán lugar os días 1 e 2 de xullo e coinciden co 20 aniversario da cconcesión a Compostela deste galardón

Ademais de Sánchez Bugallo, intervirán na Asamblea de Estrasburgo a presidenta do Grupo Cidades Patrimonio, a alcaldesa de Tübingen (Alemaña), Brigitte Russ-Scherer e o alcalde de Kaliningrado, Youry Savenko, cidade á que foi concedido o último premio Europa.

Compartir: