ALCALDÍA

O alcalde pon ao día ao novo ministro de Cultura sobre os proxectos da cidade

06/08/2007 O ministro de Cultura, César Antonio Molina, mantivo un encontro informal co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o puxo ao día sobre os proxectos da cidade xa encamiñados, algúns dos cales albergarán diferentes propostas culturais. Este é o caso do Museo de Santiago e das Peregrinacións e a Biblioteca Municipal de Xoán XXIII, que o alcalde espera ver inaugurada "antes de finais de ano".

Así mesmo, o ministro e o alcalde falaron sobre o futuro da Cidade da Cultura e o vindeiro Ano Santo de 2010. Bugallo sinalou que o Concello apoiará a celebración das actividades do bicentenario da independencia de América Latina, no caso de que se leven a cabo na Cidade da Cultura.

Compartir: