ALCALDÍA

O Alcalde de Santiago despide ao Presidente do Parlamento

10/06/2005 O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi ao presidente do Parlamento de Galicia, José María García Leira, nunha visita de cortesía ao final da presente lexislatura.

Bugallo departeu co Presidente do Parlamento, quen manifestou a súa intención de adicar á lectura, a camiñar e a súa familia boa parte do tempo do que disporá co abandono das súas responsabilidades institucionais no Parlamento de Galicia.

O Alcalde compostelán agasallou ao Presidente cunha peza escultórica de Eugenio Granell, concretamente a maqueta da obra "Retrato póstumo de Asurbanipal", que desde 1993 álzase no parque "Música en Compostela", a carón do Auditorio de Galicia.

Así mesmo Bugallo fixo entrega a García Leira dun exemplar do libro "Unha historia urbana: Compostela 1595-1780", de Andrés A. Rosende Valdés, recentemente coeditado polo Concello e a Editorial Nigratea.

Compartir: