URBANISMO

Sánchez Bugallo cre que o Plan Especial de Brandía "vai mellorar a calidade dos veciños"

27/07/2007 O alcalde compostelán valorou a "necesaria" aprobación do Plan Especial de protección e rehabilitación do conxunto fabril da antiga papeleira de Brandía no Pleno do 26 de xullo, aínda que indicou que "tería sido perfecto que non fora un tema conflitivo". Sánchez Bugallo indicou que o proxecto "vai mellorar a calidade dos veciños e redundará en beneficio de todos".

Para o alcalde, o hotel que se construirá "non só dá complemento ao Plan Especial, senón que permitirá recuperar a fábrica abandonada". Indicou tamén que, ao seu xuízo, "vai en beneficio dos veciños que se cambie o espazo da gasolineira para o acceso aos garaxes".

Tamén se referiu ao expediente aberto á promotora do hotel, polo exceso de volume no tellado detectado polos técnicos municipais. "Serán os especialistas os que deberán determinar que volume corresponde a un tellado como este que estaba afundido", apuntou Sánchez Bugallo. Estase á espera do informe da Dirección Xeral de Patrimonio ao respecto desta cuestión.

Compartir: