SEGURIDADE

O alcalde felicita aos corpos de seguridade polo seu labor nas Festas

27/07/2007 Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou as súas felicitacións aos corpos de seguridade "pola súa presenza e intervencións" nas Festas, especialmente nas inmediacións do 25 de xullo. Así, expresou a súa satisfacción porque non se tivera producido ningún "disgusto" nestas datas.

Aínda que se amosou cauteloso, posto que "quedan uns días para rematar as Festas", Sánchez Bugallo, amosouse "razoablemente satisfeito" pola marcha das mesmas, "malia que non acompañara a meteoroloxía". En particular, destacou a "grande afluencia de visitantes".

Compartir: