ALCALDÍA

Isaac Díaz Pardo recibiu a Medalla de Ouro de Galicia

25/07/2007 O Parque de San Domingos de Bonaval acolleu a entrega da Medalla de Ouro de Galicia a Isaac Díaz Pardo, "pola súa contribución á cultura galega e á defensa dos intereses de Galicia". O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidiu o acto, ao que tamén asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Isaac Díaz Pardo ve así recoñecida "a súa traxectoria en prol da cultura da comunidade, especialmente nos eidos da literatura e das belas artes". A homenaxe destaca "o periplo dun home que levou a bandeira da arte galega polos todos os países non que viviu ou pasou parte da súa vida".

Compartir: