PROMOCIÓN ECONÓMICA

Cinco alumnos de excelencia académica da USC realizarán prácticas en empresas compostelás

24/07/2007 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompañado do presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel, do vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, e do vicerreitor de Posgrao da USC, Máximo Pló, presentou a resolución da Convocatoria de axudas a empresas para a contratación de alumnos de excelencia académica recoñecida da USC, que se pechou o 16 de xullo.

O programa conta cun orzamento de 60.000 euros. Ë a primeira iniciativa deste tipo que xorde en Santiago, e permite fomentar especificamente a realización de prácticas en empresas durante un ano, cos estudos de prosgrao. O seu obxectivo é aproveitar o potencial dos alumnos con mellores expedientes académicos da USC, favorecendo a súa empregabilidade e evitando así a súa saída do concello compostelán. O programa é froito do traballo realizado na Rede de Cooperación Local e das conclusións das Roldas de Traballo desenvolvidas polos distintos axentes que participan na mesma

O Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC a apertura de dúas convocatorias: a primeira para as empresas e a segunda para os alumnos da USC. Na primeira convocatoria de axudas ás empresas, estas presentaron os seus proxectos. En base á resolución da mesma presentada e que establece cinco prazas para alumnas/os de excelencia académica por unha contía de 12.000 euros cada unha, ábrese unha segunda convocatoria na que se ofertan estas prazas.

O Comité de Dirección do Proxecto acordou adxudicar a concesión das axudas de 12.000 euros por praza ás seguintes empresas e prazas: unha licenciado en Dereito para Comercial J.E. Varela, un enxeñeiro químico para FINSA, un licenciado en Físicas ou Matemáticas para Teleco Santiago, un licenciado en Economía ou Administración e Dirección de Empresas para Madesa, Almacén de Carpintería, e un diplomado en Educación Social para a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA).

Compartir: