ALCALDÍA

La Bañeza e Compostela, unha unión de décadas grazas á Vía da Prata

24/07/2007 Un grupo de integrantes da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Monte Monte Urba, de La Bañeza (León), peregrinou a Compostela, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Encabezaba a delegación o alcalde da localidade, José Miguel Palazuelo.

Esta Asociación leva 20 anos peregrinando a Compostela e destacándose pola súa defensa do Camiño de Santiago e, en particular, da Vía da Prata.

O municipio de La Bañeza celebra mesmo unha semana do peregrino en setembro e non hai moito inaugurou unha estatua do Apóstolo Santiago.

Compartir: