ALCALDÍA

O Instituto Cubano do Libro invita ao alcalde a participar na Feira Internacional do Libro de La Habana

24/07/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente do Instituto Cubano do Libro, Iroel Sánchez. Acompañouno na visita o cónsul xeral de Cuba, Alejandro Fuentes Hernández.

Na conversa falaron da celebración da Feira Internacional do Libro de La Habana en febreiro de 2008, na que Galicia será invitada de honra. Iroel Sánchez tamén lle transmitiu ao alcalde o desexo do vicepresidente do Consello de Ministros de Cuba, José Ramón Fernández, de manter unha entrevista con el.

Fundado en 1967, o Instituto Cubano do Libro (ICL) é unha institución que fomenta a creación e edita, promove e distribúe obras de literatura nos diversos campos, tanto de autores cubanos coma doutros países. Entre outras actividades, organiza anualmente a Feira Internacional do Libro de La Habana.

Compartir: