BENESTAR SOCIAL

Visto bo municipal á terceira residencia pública de persoas maiores da cidade

23/07/2007 O Goberno local deu conta do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, o Concello de Santiago e a Fundación José Otero-Carmela Martínez, para a construción dunha residencia de persoas maiores dependentes en Santiago.

Esta residencia terá capacidade para 150 prazas e situarase en Pontepedriña. O Concello cederá un terreo de 4.650 metros cadrado, destinado a uso asistencial, para a súa construción. O centro será sufragado pola Fundación, que tamén achegará un fondo para o seu mantemento durante varias décadas, e xestionado pola Xunta.

Esta será a terceira residencia de maiores pública da cidade, unha vez se abra a segunda en Volta do Castro.

Compartir: